Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Setembro 2019
D L M X J V S
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Noticias

"A educación afectivo sexual como ferramenta de prevención do abuso sexual infantil". Conferencia de Pepa Hornos en Vigo

O próximo venres 4 de outubro, contaremos coa presencia de Pepa Horno falando sobre "A educación afectivo sexual como ferramenta de prevención do abuso sexual infantil" en Vigo. ARELA organiza este evento como clausura do seu 20 aniversario,

ARELA celebrará o día 4 de outubro en Vigo a clausura do seu 20 aniversario. O acto central deste evento será a conferencia de Pepa Hornos "A educación afectivo sexual como ferramenta de prevención do abuso sexual infantil". Terá lugar no salón da actos da Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (Concepción Arenal, 8). Dado que o aforo é limitado agradecese confirmación de asistencia mediante correo electrónico ( Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ).

PROGRAMA

Pepa Horno é unha coñecida psicóloga e consultora independente en infancia, afectividade e protección, actualmente membro do grupo Espirales Consultoría de Infancia www.espiralesci.es. A súa experiencia profesional desenvole diferentes intervencións:
- Formación a profesionais e pais e nais sobre protección infantil, desenvolvemento emocional e prevención de violencia. Por exemplo:
+ Elaboración do curso de formación « Trata de nenos, nenas e adolescentes » para o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade do Goberno de España en 2010.
+ Docencia no Máster de Violencia de Xénero e Máster de Cooperación Intenacional da Universidade Pontificia de Comillas desde o ano 2006.
+ Participación no deseño de contidos da campaña de prevención do abuso sexual « Un de cada cinco » do Consello de Europa en 2010.
- Asesoramiento técnico a ONG, institucións e empresas. Por exemplo:
+ Asesoramiento técnico ao Servizo de Familia do Consell de Menorca no desenvolvemento de protocolos de funcionamento internos do servizo e supervisión de casos desde o ano 2008.
+ Asesoramiento técnico a UNICEF Turquía e ao goberno turco no desenvolvemento dun Plan Nacional sobre Violencia contra a Infancia en 2010.
+ Asesoramiento e formación ao persoal de INTERVIDA (tanto persoal de programas como doutros departamentos) sobre o enfoque de dereitos, protección infantil e participación infantil nos anos 2011 e 2012.


 

Memoria de Actividades 2018

Un ano mais ARELA fai pública a súa memoria de actividades correspondente ao ano 2018, na que resumimos o traballo desenvolto. A memoria describe os principais datos do periodo, aparecendo un apartado especial relacionado co noso 20º aniversario.

Non seguinte enlace podedes descargar a Memoria 2018

 

Concesión de subvención para contratación de traballadores/as desempregados/as (Programa Operativo de Emprego Xuvenil)

A Xunta de Galicia ven de conceder a ARELA esta subvención que permitiu  a contratación de catro educadoras para a posta en marcha do servizo “Mellora da atención individualizada a nenos, nenas, adolescentes residentes na C.F.”. Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.


Dende o 13 de Setembro temos 4 novas compañeiras desenvolvendo este servizo nas dúas Casas de Familia que temos en Vigo, na de Allariz e na de Monforte de Lemos. Este reforzamento dos Equipos Educativos pretende acadar un aumento da atención individualizada os nenos, nenas e adolescentes residentes nestas Casas de Familia enfocado principalmente nos seguintes aspectos: ocio individualizado, apoio escolar, atención exclusiva e resposta ás necesidades específicas.
Esta subvención abrangue 7 meses de intervención educativa, durante os cales ARELA tratará de acadar recursos que permitan a continuidade no tempo do servizo. As subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro (Programa Operativo de Emprego Xuvenil) son concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e están financiadas nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

 

   

MELLORAMOS OS NOSOS CENTROS GRAZAS Á XUNTA DE GALICIA E AO PROGRAMA OPERATIVO FEDER

A través das "Axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social" da Xunta de Galicia, operación cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, estamos mellorando as nosas Casas de Familia e Centros de Atención de Día Integral.

Grazas a estas axudas puidemos acometer melloras en todos os nosos centros do ámbito de protección que reverterán na confortabilidade e comodidade dos nenos, nenas e adolescentes que neles residen ou asisten.


En concreto:

- Hai novos dormitorios para os nenos, nenas e adolescentes das Casas de Familia Atlántida de Vigo e Allariz.

- Tamén hai novo equipamento informático nas Casa de Familia de Bembrive de Vigo, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Allariz, e nos Centros de Atención de Día de Santiago e O Barco de Valdeorras.

- Melloramos a confortabilidade dos salóns das Casas de Familia de Allariz, O Barco de Valdeorras e Monforte e do Centro de Atención de Día de O Barco de Valdeorras.

- Reformouse e actualizouse a cociña da Casa de Familia de Atlántida e instaláronse lava-vaixelas na Casa de Familia de Monforte e no Centro de Atención de Día de O Barco de Valdeorras.

- De cara a facer os centros máis eficientes, dende o punto de vista térmico, estanse a instalar novas persianas na Casa de Familia de O Barco e Santiago; ademais na Casa de Familia de O Barco tamén se instalaron acumuladores; tarima flotante na Casa de Familia Atlántida de Vigo, Santiago e Monforte; e un sistema de climatización do Centro de Atención de Día de O Barco.

- Estamos a facer máis accesible e práctico un dos baños da Casa de Familia de Monforte e outro na Casa de Familia de Bembrive en Vigo.


- Na Casa de Familia de Santiago de Compostela uniuse o garaxe coa vivenda mediante unha porta interior.


- Na Casa de Familia Bembrive de Vigo instalarase un sistema eficiente de alumeado exterior que se activa só co movemento, e colocouse un portal no garaxe máis seguro.

 

A Asociación ARELA celebra o seu 20º aniversario

Hoxe ARELA cumpre 20 anos!! O traballo con infancia e adolescencia en situación de desprotección e conflito social foi dende sempre a nosa misión principal. É momento de agradecer a todas as persoas que formaron ou forman parte desta historia: nenos, nenas, adolescentes e familias que compartiron os seus procesos con nós; e traballadores e traballadoras que aportaron e aportan no día a día a súa valía e capacidades profesionais para mellorar a calidade de vida do colectivo co que traballan; socios, socias, amizades e persoas colaboradoras; un montón de entidades coas que traballamos en rede compartindo metas e obxectivos; empresas, fundacións e diferentes institucións públicas e privadas que apoiaron con recursos este camiño;... e tanta e tanta xente...

Un día é pouco para conmemorar tanto! Así que o que iniciamos hoxe é un ano de celebracións e agradecementos, 12 meses para lembrar todo o compartido e deseñar 20 anos máis de novos proxectos.

 

Parabéns, ARELA!!

 

   

Páxina 1 de 25

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago