Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Outubro 2019
D L M X J V S
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Noticias

A Deputación de Ourense subvenciona á Asociación ARELA neste 2018

A Deputación de Ourense, dentro da súa convocatoria de subvencións para proxectos sociais para este 2018, financia un Programa de Intervención Familiar para as Casas de Familia de Arela da Provincia de Ourense (Allariz e O Barco de Valdeorras).

Este proxecto ten unha duración de un ano e leva operativo dende o mes de xaneiro.

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2017

Un ano mais ARELA fai pública a súa memoria de actividades correspondente ao ano 2017, na que se resume o traballo desenvolto neste periodo. A través deste documento pretendemos achegar dun modo máis visual e resumido todo o que facemos, que ven sendo unha continuidade do que vimos levando a cabo dende xa hai 19 anos.

Non seguinte enlace podedes descargar a Memoria 2017

A ASOCIACIÓN ARELA DECLARADA ENTIDADE DE UTILIDADE PÚBLICA

O pasado martes 22 de maio, publicouse no DOG a Declaración da Utilidade Pública da Asociación ARELA.

En que se traduce este recoñecemento?

- Dende este momento ARELA poderá acollerse ó Réxime fiscal enmarcado na Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo. Polo que teremos beneficios fiscais moi superiores ós que tivemos ó longo dos últimos anos.

- No que se refire a todos ás persoas que que actualmente colaborades económicamente con ARELA (ou que o poidades facer a partir de agora), teredes beneficios fiscais sobre o aportado, xa que terán a súa deducción correspondiente no IRPF ou no Imposto de Sociedades co Certificado de Doazóns que vos remitiremos en cada caso.

- No que se refire a persoas xurídicas, as empresas poderán deducir no Impuesto de Sociedades.

Neste proceso estivemos acompañados e asesorados por ALGALIA

A XUNTA CONMEMORA COA ASOCIACIÓN ARELA E AS FUNDACIÓNS MENIÑOS E JUAN SOÑADOR O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

  • Ao redor de 350 escolares de infantil e primaria do colexio O Pombal de Vigo participan esta semana nun programa de actividades dirixido a achegar aos nenos e nenas a Convención dos Dereitos do menor aprobada polas Nacións Unidas en 1989

A Consellería de Política Social conmemorará coa Asociación Arela e as fundacións Meniños e Juan Soñador o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas o vindeiro luns 20 de novembro baixo a lenda ‘Imaxinas tódolos dereitos cumpridos?’. O acto central terá lugar no CEIP O Pombal de Vigo, e consistirá nunha concentración dos escolares do centro e a lectura dun manifesto.

Previamente a este acto central, durante esta semana estanse a desenvolver unha serie de actividades de sensibilización no que  o protagonismo é do o alumnado de Infantil e Primaria do centro de ensino vigués do Pombal, polo que con esta programación se chega a aproximadamente 350 estudantes. As actividades varían en función do ciclo ás que se dirixen e basicamente consisten en que os escolares teñan unha primeira aproximación á Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas mediante a proxección de vídeos, a decoración de caretas poñendo na fronte da mesma o nome dun dereito ou escollendo un dereito da infancia e escribir sobre o que consideran que debería acontecer para que se cumprise. Outra das accións consiste en dirixirse por carta aos Reis Magos para expoñer que dereito lles gustaría que se cumprise para todos os nenos e nenas, solicitando ás súas maxestades de Oriente colaboración para conseguilo.

A idea central desta campaña é achegar ao alumnado de Infantil e Primaria, en coordinación cos titores e titoras e o equipo de orientación e directivo do centro escolar, a Convención dos Dereitos da Infancia e que visualicen como sería a realidade dos nenos e nenas en todo o mundo se os dereitos se visen cumpridos.

Así mesmo, a campaña tamén terá difusión a través das redes sociais, coa finalidade de sensibilizar á sociedade en xeral e xerar conciencia sobre a prioridade de velar polo interese superior dos menores en tódalas actuacións que se leven a cabo.

SAÚDOS,

Páxina 2 de 25

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?