Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Outubro 2019
D L M X J V S
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Noticias

Deporte saudable con fins solidarios de man do Club TRES LUNAS (Quereño)

O Club Tres Lunas de Quereño (Rubiá, Comarca de Valdeorras), organiza unha interesante proba deportiva (sábado 11 de febreiro de 2017), onde participarán diferentes atletas de modalidades diversas como bicicletas de montaña (38 kms), carreira por sendeiros tipo "Trail" (19 kms) e unha andaina (de 15 Kms). A Asociación ARELA e o Club Tres Lunas acaban de asinar un convenio de colaboración para que esta proba teña un carácter solidario e así poida acercar o deporte e os seus valores ós máis xóvenes, tratando de que se poida dar a coñecer que existen outras realidades nas que se atopan nenos, nenas e adolescentes que están en menos protexidos ou en situación de conflito social, realidades nas que ARELA leva traballando máis de 18 anos en toda Galicia.

Polo tanto, deixamos aquí o enlace da web deste club, así como a súa páxina do facebook para que poidades ter máis información sobre a proba e, por que non, poder participar en algunha das modalidades. Con cada inscrición, destinarase 5€ a ARELA.

 

 

 

CaixaProinfancia- ARELA: Vigo e Santiago de Compostela

 

Traballamos para que os/as nenos/as sexan solo nenos/nenas

 

A través do programa CaixaProinfancia loitamos contra a pobreza infantil en diferentes localidades galegas, neste caso a través do traballo que fai a Asociación ARELA coma entidade coordinadora nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela .Este programa está desenvolvido pola Obra Social “La Caixa”.

 

QUÉ FACEMOS

Co obxectivo de romper o círculo da pobreza que se transmite de pais a fillos e ofrecer aos máis pequenos oportunidades de futuro, traballamos para conseguir:

  • Favorecer o desenvolvemento das competencias dos nenos e adolescentes e as súas familias que permitan mellorar os seus procesos de integración social e autonomía.
  • Promover o desenvolvemento social e educativo da infancia e adolescencia no seu contexto familiar, escolar e social.
  • Desenvolver e implementar un modelo de acción social e educativa integral que contribúa a mellorar as oportunidades de desenvolvemento social e educativo da infancia e as súas familias.
  • Contribuír a sensibilizar e mobilizar á sociedade na erradicación da pobreza infantil.

O programa conta coa colaboración de máis de 400 entidades sociais que traballan en rede e que se encargan de atender de forma directa ás familias, priorizar as axudas e facer un seguimiento de cada caso. No caso das ciudades de Vigo e Santiago, dentro da rede de entidades colaboradoras cóntase co traballo da Asociación Xuvenil Abertal, Escola De Tempo Libre E Animación Sociocultural Don Bosco, Fundación Secretariado Xitano,Fundación Aldaba, Fundación Meniños, Abeiro, Igaxes3 e Alía.

A QUÉN SE DIRIXE

A familias con nenos/nenas e adolescentes de entre 0 e 18 anos en situación de pobreza e exclusión social.

CÓMO AXUDAMOS

Impulsamos o desenvolvemento dos máis pequenos para garantirlles referentes sólidos para o seu futuro e un nivel de benestar óptimo que favoreza o seu crecemento e a súa formación, a través dunha serie múltiples actuacións dentro de cada unha destes servizos :

  • Atención psicoterapéutica
  • Reforzo educativo a través de diferentes modalidades.
  • Educación non formal e tempo de lecer.
  • Apoio Educativo Familiar.
  • Carteira de bens:
    • - Alimentación e hixiene infantil
    • - Lentes e audífonos
    • - Equipamento escolar

 

Manifesto elaborado por Manuel Esteban con motivo do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

OS RESCATADORES DE SORRISOS (novembro 2016)


Cando nacemos a lotería da vida reparte números á toa, sen reparar demasiado no boleto que lle entrega a cadaquén.

O primeiro día todos nacemos co mesmo pulo: o de chorar na procura de alimento, calor e compañía. A partires de ese momento a cousa empeza a se complicar. Hai nenos con boleto gañador que crecen como boliños doces, desexados e ledos, rebuldeiros e exploradores, seducidos pola maxia da vida, aguilloados co impulso irrefreable da curiosidade; outros, en troques, nin a “pedrea” teñen, e topan coa vida silandeiros e serios, como estrañados de tanta loucura, mudas testemuñas da laceira humana; estes nenos crecen acubillados e medrosos, cargados de débedas anticipadas ou herdos imposibles sobre os seus pequenos ombreiros.

Unha das cousas máis difíciles na vida é quitarlle o sorriso a un neno. Precísase moito esforzo, moito empeño e unha auténtica morea de odio e soidade para conseguir que un neno deixe de rir. Debe existir en algures un sitio estraño e poeirento onde van parar todos os sorrisos perdidos. Pero hai outra cousa que aínda é moito máis difícil: devolverllo. E só uns poucos heroes son capaces de ir na procura deses sorrisos para entregarllos de volta aos seus lexítimos donos. Heroes anónimos e afoutos que non son quen de mirar para outro lado cando  escoitan o silencio triste dun cativo.

Equivócase quen pense que os nenos queren xoguetes: o que queren e alguén con quen xogar; os nenos non queren balóns, senón un equipo do que sentirse parte; non desexan moitos libros, basta con que lles conten un conto. Ese é o segredo que esquecemos cando medramos. Esa é a raíz na que agrelamos. A cerna que nos fai fortes e felices.

Hoxe e o día dos Dereitos da Infancia. Hoxe é o día no que reivindicamos o dereito de todos os nenos e nenas a crecer a carón de quen os ame e os respecte. Hoxe é o día no que lembramos a necesidade de baixar a sotos escuros a rescatar sorrisos.
 

 

   

"MOVÉMONOS" unha campaña de captación de fondos dentro do #givingtuesday2016

#GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo, o día 29 de novembro, a celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, cartos, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc.


Unha oportunidade para compartir a nosa xenerosidade coas persoas que nos rodean e para demostrar que o ser humano axúdase por encima de todas as condicións. Unha oportunidade para sentir a inigualable sensación de dar.

PROPOSTA DE ARELA PARA #GIVINGTUESDAY 2016

Os centros de ARELA son espazos abertos á contorna que lles rodea, pois consideramos fundamental para a integración social dos nenos, nenas e adolescentes poder participar das actividades do seu colexio ou do seu barrio, poder realizar excursións e coñecer lugares novos, e tamén poder reunirnos coa súa familia nas súas propias casas. É por isto que dispoñer dun vehículo é fundamental para o noso traballo, e o mellor é que teña 9 prazas para que poidan gozar das excursións todos e todas eles e elas.


Na comarca de Valdeorras (provincia de Ourense) temos unha furgoneta á que lle quedan poucos servizos por dar, necesitamos substituirla urgentemente. E nesta zona é especialmente necesaria pois atendemos a nenos, nenas e adolescentes que viven en localidades que non están comunicadas entre si por transporte público; non só a necesitamos para as actividades de lecer, senón tamén para trasladar aos máis pequenos ao cole cada mañá e para acompañalos á súa casa pola tarde.


Así, ARELA lanza o Proxecto "Movémonos" co fin conseguir unha cantidade de 2.000€ que faga máis asumible o financiamento deste vehículo.



Durante os meses de novembro e decembro queremos que este proxecto chegue a moitas persoas, e que dalgunha forma con moitas pequenas achegas consigamos o obxectivo marcado.


Polo tanto, MÓVESTE CON NOS? COLABORAS? a través deste enlace podes acceder a facer a colaboración.


 

Entrega da VI Mazá de Ouro á Casa de Familia ARELA Bembrive

O pasado 2 de outubro, dentro dos actos da celebración da XVIII Festa da Sidra de Bembrive (Vigo), fíxose entrega do galardón da VI Mazá de Ouro á Casa de Familia que ARELA ten nesta pedanía, recoñecendo a súa labor ó longo destes 18 anos. As compañeiras da Casa de Familia, Patricia Caride e Eva Mariño, recolleron esta distinción estando presentes neste acto os anteriores galardonados noutras edicións, así coma responsables políticos da cidade.

Esta distinción foi entregada polo Alcalde Pedáneo, Roberto Ballesteros, e o Alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Moitas gacias polo recoñecemento

   

Páxina 5 de 25

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?