Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Abril 2020
D L M X J V S
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

Noticias

“OS DEREITOS SON DE TODOS E PARA TODOS”

 Acto no CEIP Javier Sensat de Vigo conmemorando o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, organizado conxuntamente pola Asociación ARELA e a Xunta de Galicia.

O 20 de Novembro é o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. No ano 1989 aprobouse na ONU a Convención dos dereitos dos nenos e das nenas sendo ratificada por 195 países.

Este acto xirará entorno  do dereito á IGUALDADE,  á INTEGRACIÓN  e a VIVIR EN FAMILIA, entre outros dereitos e tamén preténderase sensilibilizar e concienciar á poboación en xeral  sobre a necesidade do cumprimento dos nenos e nenas e a corresponsabilidade de todo cidadán para que ese soño se faga realidade.

Este 20 de Novembro de 2015, queremos celebrar este día cos nenos e nenas para que coñezan os dereitos dos que son obxecto e disfruten do día como é merecido. Polo que realizarase un Acto no CEIP Javier Sensat ( Alcabre) en Vigo no que destaca a solta de globos que se realizará no fin da celebración (13:00h), tras presentarlles os dereitos ós nenos dun xeito interactivo e audiovisual.

Acompañaranos neste Acto o Conselleiro de Política Social, D. Jose Manuel Rey Varela; a Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Dña. Amparo González; ademáis dos Xefes Territoriais e o Inspector de educación do CEIP Javier Sensat.

 

No Artículo 9 da Convención dos dereitos do neno e nena, aparece o DEREITO A VIVIR EN FAMILIA. Arela traballa dende o ámbito do Acollemento Residencial coa finalidade de que tódolos nenos, nenas e adolescentes que viven con nos, poidan restablecer adecuadamente este dereito na medida do posible, ou se non é a súa familia biolóxica, que teñan dereito a vivir noutra, 

Polo tanto, hoxe é un día de celebración pero tamén de reivindicación, xa que todavía quedan moitos nenos e nenas neste mundo que non teñen recoñecidos estes dereitos e polo tanto é tarefa de todos e todas axudar a concienciar da importancia de que esto se cumpra independentemente de onde sexas, a túa raza, sexo, a túa relixión, o teu idioma,...

 

 

A Asociación ARELA participa no Proxecto VIVES (Programa de Emprendemento Social para ENLs de Galiza)

A semana pasada demos inicio a un proceso formativo para a levar a cabo un Programa de Emprendemento Social, enmarcado dentro do VIVES Proxecto de Acción contra el Hambre. Esta formación levaranos a ter 5 sesións de traballo de aquí ata principios de decembro deste ano. A Asociación ARELA foi seleccionada para participar neste proceso formativo xunto con outras entidades galegas como son:

          ·         Acción Solidaria de Galicia- ASDEGAL

·         Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia- AESGAL

·         Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra- ASPANAEX

·         Asociación de Axuda aos Toxicómanos Érguete

·         Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras Demencias de Galicia- AFAGA

·         Asociación de Servizos á Comunidade Inclúe

·         Asociación Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector - IGAXES

·         Asociación Lar- Pro Saúde Mental

·         Asociación pro Dereitos da Infancia Addis Galicia

·         Concello de Vedra

·         Confederación Galega de Persoas con Discapacidade- COGAMI

·         Fundación Abrente

·         Fundación Humanismo y Democracia

·         Fundación Lar Pro Salud Mental

·         Fundación Ronsel

·         Galega de Economía Social, S.L.

·         Meniños, Fundación Galega para a Infancia

·         Fundación Acción Contra el Hambre

 

Moitas grazas!

 

A Asociación ARELA seguirá contando co Servizo de Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto na Provincia de Pontevedra

 Tras a resolución definitiva do procedemento de selección de entidades, o pasado 1 de outubro de 2015 a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Asociación ARELA asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Deste xeito ARELA, e os profesionais que forman parte deste servizo continuará sendo o referente desta intervención específica dentro da provincia de Pontevedra, labor que está a levar a cabo de xeito ininterrompido dende o ano 2000.

 

   

A Asociación ARELA reúnese con profesionais da federación francesa LEO LAGRANGE intercambiando información e boas prácticas con esta entidade do país veciño

A semana pasada organizamos un interesante encontro cunha entidade francesa (www.leolagrange.org ) que traballa con nenos/nenas e mozos/mozas no ámbito da formación e promoción dos valores humanos de toda francia. Esta entidade ten un programa “Democratie & Courage NPDC” (www.democratie-courage.org  ou https://www.facebook.com/democratieetcouragenpdc/info?tab=page_info), situada na rexión de Nord-Pas-de-Calais,   na que traballan en diferentes centros educativos temáticas relacionadas co Racismo, Sexismo/homofobia e violencia. Abrimos aquí unha ponte de conexión co pais veciño de cara a poder facer un intercambio de experiencias e de mellor facer.  


merci beaucoup!!!

 

A Deputación de Ourense axudará a financiar a Asociación ARELA en diferentes liñas de intervención

 Esta subvención enmárcase dentro da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2015. En concreto a Asociación ARELA recibe financiamento dentro das seguintes liñas: 

 A) Proxectos e actividades de emerxencia social.
 B) Proxectos e actividades de prestacións de servizos sociais na provincia de Ourense

GRAZAS
   

Páxina 9 de 26

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?