Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Novembro 2019
D L M X J V S
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Concesión de subvención para a contratación de catro persoas mozas por parte da Xunta de Galicia

A Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia ditou resolución pola que se outorga unha subvención a Asociación ARELA equivalente aos custos totais resultantes da contratación de 4 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Intervención educativa integral e individualizada".

A Secretaria Xeral de Emprego en data 01/10/2019 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, polo importe de 56316.4 euros á Asociación ARELA, equivalente aos custos salariais das persoas traballadoras contratadas, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 4 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Intervención eductiva integral e individualizada”.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Estas persoas, que xa foron contratadas, desenvolveran este servizo nas Casas de Familia ARELA de Bembrive e Atlántida de Vigo, na Casa de Familia ARELA de Monforte de Lemos e na Casa de Familia ARELA Conxo en Santiago de Compostela. O seu obxectivo é mellor a atención que se dá ás nenas, nenos e adolescentes residentes nestas Casas de Familia, garantindo atención individualiza, especialmente nos momentos de ocio e no que se refire ao reforzo educativo e apoio escolar.

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?