Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Maio 2020
D L M X J V S
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6

“OS DEREITOS SON DE TODOS E PARA TODOS”

 Acto no CEIP Javier Sensat de Vigo conmemorando o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, organizado conxuntamente pola Asociación ARELA e a Xunta de Galicia.

O 20 de Novembro é o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. No ano 1989 aprobouse na ONU a Convención dos dereitos dos nenos e das nenas sendo ratificada por 195 países.

Este acto xirará entorno  do dereito á IGUALDADE,  á INTEGRACIÓN  e a VIVIR EN FAMILIA, entre outros dereitos e tamén preténderase sensilibilizar e concienciar á poboación en xeral  sobre a necesidade do cumprimento dos nenos e nenas e a corresponsabilidade de todo cidadán para que ese soño se faga realidade.

Este 20 de Novembro de 2015, queremos celebrar este día cos nenos e nenas para que coñezan os dereitos dos que son obxecto e disfruten do día como é merecido. Polo que realizarase un Acto no CEIP Javier Sensat ( Alcabre) en Vigo no que destaca a solta de globos que se realizará no fin da celebración (13:00h), tras presentarlles os dereitos ós nenos dun xeito interactivo e audiovisual.

Acompañaranos neste Acto o Conselleiro de Política Social, D. Jose Manuel Rey Varela; a Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Dña. Amparo González; ademáis dos Xefes Territoriais e o Inspector de educación do CEIP Javier Sensat.

 

No Artículo 9 da Convención dos dereitos do neno e nena, aparece o DEREITO A VIVIR EN FAMILIA. Arela traballa dende o ámbito do Acollemento Residencial coa finalidade de que tódolos nenos, nenas e adolescentes que viven con nos, poidan restablecer adecuadamente este dereito na medida do posible, ou se non é a súa familia biolóxica, que teñan dereito a vivir noutra, 

Polo tanto, hoxe é un día de celebración pero tamén de reivindicación, xa que todavía quedan moitos nenos e nenas neste mundo que non teñen recoñecidos estes dereitos e polo tanto é tarefa de todos e todas axudar a concienciar da importancia de que esto se cumpra independentemente de onde sexas, a túa raza, sexo, a túa relixión, o teu idioma,...

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?