Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Xullo 2020
D L M X J V S
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

TI DECIDES QUE CELEBRAR (San Valentín Vs Día da Saúde Sexual)

Parte importante do traballo educativo que desenvolvemos dende ARELA coa poboación infantil e adolescente é reflexionar e adoptar unha visión crítica á hora de interpretar a realidade. A nosa intervención trata de ser integral, baseada na transmisión de información obxectiva, coa idea de que as persoas poidan decidir libremente cara onde camiñar. Nesta data tradicionalmente sinalada no calendario como o “Día de San Valentín”, dende ARELA queremos darlle unha volta ás ideas transmitidas. Ademais do día dos namorados, o 14 de febreiro é o día Europeo da Saúde Sexual, polo que propoñemos esta breve reflexión de ambos conceptos e despois, TI DECIDES QUE CELEBRAR:

  • Por una parte: SAN VALENTÍN = CONSUMISMO + AMOR ROMÁNTICO*

Tras esta suma ás veces aparecen conceptos como os MITOS sobre as relacións, a DEPENDENCIA emocional, a PERPETUACIÓN do modelo tradicional centrado en relacións exclusivamente heterosexuais, co MACHISMO, IDEALIZACIÓN do amor, a NECESIDADE de procurar a nosa media laranxa, considerándonos persoas INCOMPLETAS. Esta visión do que as relacións de parella “deben ser” deixa fóra a moitas persoas, relacións e realidades diversas, por iso apoiamos outra forma máis ampla e respectuosa de celebrar este día.

  • Por outra parte: DÍA EUROPEO DA SAÚDE SEXUAL= SEXO + INFORMACIÓN*

Esta outra suma propón outros conceptos, pois a través da INFORMACIÓN podemos afrontar mellor o proceso da TOMA DE DECISIÓNS, garantindo a nosa SEGURIDADE cunha boa PREVENCIÓN, promovendo a AUTOESTIMA, a xestión responsable do PRACER. Sustentar as relacións no Respecto e a EMPATÍA, no RECOÑECEMENTO das NECESIDADES propias e alleas.

Sentimos que é a nosa obriga como profesionais aportarlle aos nenos e adolescentes esta visión da AFECTIVIDADE e da SEXUALIDADE humanas, libre de prexuizos, que atende á IGUALDADE pero tamén á DIVERSIDADE sexual e afectiva das persoas.

Polo tanto, TI DECIDES QUE CELEBRAR!

(* dende ARELA queremos aclarar que non sempre estes sumatorios nos teñen que levar a estes escenarios)

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?