Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Outubro 2017
D L M X J V S
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Quen somos

Misión

A Asociación ARELA ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en risco de exclusión, en situación de desprotección, ou en conflito social, fomentando iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen

Valores

ARELA asume o COMPROMISO coa infancia e a mocidade desprotexida e/ou en conflicto social, a través dos seguintes valores:

  • Fomento de INICIATIVAS que se adapten ás novas necesidades detectadas.
  • Intervención INDIVIDUALIZADA baseada na FLEXIBILIDADE e na AUSENCIA DE PREXUÍZOS.
  • RESPECTO e CONFIANZA PERMANENTE nas posibilidades e potencialidades dos nenos e nenas, adolescentes e mozos.
  • PROFESIONALIDADE cun estilo de intervención baseado no TRABALLO EN EQUIPO, a COLABORACIÓN EN REDE, a FORMACIÓN CONTINUA e a EFICIENCIA.
  • CALIDADE, TRANSPARENCIA e MELLORA CONTINUA na xestión da entidade.
  • IMPLICACIÓN e PARTICIPACIÓN dos membros da entidade na toma de decisións.
  • CONCIENCIACIÓN da sociedade da situación da infancia e a mocidade desprotexidas e/ou en conflito social a través da PRESENZA e IMPACTO SOCIAL de ARELA

Quen somos

ARELA está constitída por 36 socios e socias, persoas que levan máis de una ano traballando activamente na entidade e queren aumentar a súa implicación na mesma. A asociación conta con dous equipos de traballo elexidos pola Asemblea de socios e socias que se encargan da xestión diaria da entidade:

  • Xunta Directiva, composta por:
    • PRESIDENTE: Santiago Fernández Fandiño.
    • TESOUREIRO: Rafael Pérez de Lis Nieto.
    • SECRETARIA: Francesca Carbonell Argibay.
    • VOGAL: Luísa Larrea Barreiro.
    • VOGAL: Carmen Celis Álvarez.
  • Equipo Directivo formado por:
    • DIRECTOR: Julio Barreiro González.  juliobarreiro@arela.org
    • COORDINADORA ÁREA DE PROTECCIÓN: Mayte Celeiro Mallo. mayte@arela.org
    • COORDINADORA ÁREA DE CONFLITO SOCIAL: Ana Pérez Figueroa. ana@arela.org
    • RESONSABLE DE XESTIÓN: María Marcote Márquez.    mariamarcote@arela.org

Breve Historia

ARELA Iniciativas de Apoio á Infancia nace en xaneiro de 1998 e conta no seu seo cun grupo de profesionais provenientes doutras asociacións que traballan coa infancia en Galicia, polo que se trata dun equipo de traballo de contrastada experiencia (psicólogos, pedagogos, educadores e traballadores sociais…) no mundo da infancia e da adolescencia desprotexidas e/ou en conflito social.

Como se recolle nos seus estatutos, a asociación terá como fin a promoción de calquera tipo de iniciativa encamiñada ao desenvolvemento positivo da infancia e a mocidade, co propósito de ofrecer a ambas unha asistencia integral; mostrará especial preferencia por aqueles nenos e mozos desprovistos de atención familiar e/ou en conflito social.

No momento do seu nacemento, a asociación contaba con sete casas de familia repartidas pola xeografía galega. E a partir dese momento, apostouse pola creación de todos aqueles recursos que facilitasen a autonomía persoal aos nosos destinatarios e destinatarias.

  • En xaneiro do 1999 abriuse unha empresa de inserción -Servimoble Galicia S.A.- a través da cal se pretendía formar ós mozos e mozas en conflito social ensinándolles unha profesión (neste caso, a carpintería) e practicando uns hábitos básicos de cara á súa integración laboral.
  • En setembro do 2000, a asociación apostou pola apertura dun centro de día en Vigo que respondese ás necesidades da nova Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor, recurso encamiñado ao cumprimento de medidas xudiciais en medio aberto.
  • Desde setembro do 2001 puxéronse en marcha o Programa de Apoio á Reintegración Familiar e o Programa de Autonomía dos menores e mocidade que viviron nas casas de familia e que comezan unha nova etapa. Trátase, en definitiva, de actividades de seguimento, apoios económicos e intervencións en momentos de crise.
  • En febreiro do 2003 ábrese en Roxos (Santiago de Compostela) -en convenio coa Consellería de Familia da Xunta de Galicia- un centro de internamento en réxime semiaberto para a execución de medidas xudiciais de menores. En xuño do 2003, ao non poder alcanzar as cotas de calidade mínimas que esta asociación entende como indispensábeis e ao non poder a consellería ofrecer máis recursos, deixamos a dirección do centro.
  • En outubro do 2004 a asociación abre en Pontevedra un novo centro de día -ao amparo da Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor-, recurso encamiñado ao cumprimento de medidas xudiciais en medio aberto que atenda a cidade de Pontevedra e a zona norte da provincia.
  • En abril do 2005 iníciase un proceso destinado á consecución da certificación de calidade ISO 9001 para o servizo de casas de familia, que se acada en abril do 2007. De forma progresiva, fóronse incorporando a este proceso todos os servizos e programas de ARELA. En 2009 todos os servizos e programas estaban xa certificados.
  • En novembro de 2005 ábrese en Santiago de Compostela o Programa de Adopcións Especiais buscámoste a ti, co claro obxectivo de buscar unha alternativa familiar a aqueles nenos e nenas que residen nos centros de menores de Galicia e que, polas súas características persoais –ser maiores de oito anos, pertencer a un grupo de irmáns, ter algunha discapacidade ou enfermidade, etc.- non ven cumprido o seu dereito a pertencer a unha familia. A partir de Decembro de 2008, este programa pasa a ser xestionado por outra entidade.
  • En Xaneiro de 2008 comeza a funcionar en Santiago de Compostela o primeiro centro do Servizo de Centros de Atención de Día Integral.
  • A finais do ano 2009 ARELA pon en marcha o Programa de Prevención de Condutas Infractoras, KTORCE18 a través do que pretende acercar a Lei 5/2000 de Responsabilidade Penal dos menores aos seus destinatarios a través de charlas en Institutos e Colexios de toda Galicia.
  • En novembro de 2010 ARELA pon en funcionamento un novo Centro de Atención de Día Integral en O Barco de Valdeorras, con capacidade para 10 nenos, nenas e adolescentes.
  • Na actualidade, ARELA persegue a creación doutros recursos actualizados que respondan ás novas necesidades da sociedade.

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago